Ao longo da historia de Primeira División, soamente en 4 tempadas que vamos a desenrolar, o colista de Primeira a falta de dúas xornadas conseguiu a permanencia. Para iso tivo que gañar os dous partidos que lle quedaban e tiveron que pinchar os seus rivais na clasificación, e nunha desas tempadas o Celta foi protagonista salvándose do descenso a Segunda.





O Celta sobrevive á angustia. O equipo de Resino supera nun solvente primeiro tempo ao Levante e resiste logo coa alma en albas á neglixente arbitraxe de Muñiz Fernández, que se inventou un penalti.
O Celta contra os seus rivais, contra os horarios da LFP e contra os árbitros. E o que nos queda por sufrir ata o final da Liga. Horarios imposibles e arbitraxes lamentables, será co que teña que lidar o Celta ata última xornada.
Onte sentinme orgulloso do Real Club Celta de Vigo, xa que despois da imaxe amosada nos últimos partidos nos que arrastrábanse polo campo, onte demostraron que con "collóns", corazón, cabeza e tesón, pódese conseguir a vitoria ante a falta de calidade nas súas botas. Grazas por non facerme perder a esperanza en vos, e por crer unha semana mais en que podemos salvarnos.



