
Turismo
Â
Galiza TurÃstica
Galiza, é unha das terras con mais beleza do mundo. Entre mar e montaña, pasando por desfiladeiros, rios, pozas, lagos, campos e demais sitios de interese natural, situámonos nunha paraxe única da PenÃnsula Ibérica.
Como mais coñecido, atopámonos coa Catedral de Santiago de Compostela, á cal se achegan peregrinos de todas as partes do mundo, na ruta Xacobea. Mais ao norte, temos a Torre de Hércules, na cidade de A Coruña. É unha torre que ten o privilexio de ser o único faro romano mais antigo en funcionamento do mundo. En Lugo, temos as "Murallas de Lugo". Creadas no ano 13 antes de Cristo para defensa da cidade. En Ourense, temos as "Burgas" fontes de augas termais, dende a época románica. E o único porto de montaña onde practicar os deportes de neve, na "Estación de Manzaneda".
As "Rias" constitúen un lugar de interese extraordinario, tanto as Rias Altas como as Rias Baixas, sendo estas últimas as que levan gran parte do turismo galego. Co mellor clima do pais, son as cidades como VilagarcÃa de Arousa, Sanxenxo, Cambados, Combarro, Pontevedra, Cangas, Moaña, Vigo, Baiona e A Guarda, paraÃsos gastronómicos e naturais que un non pode deixar de visitar cando percorre as Rias Baixas. Ao norte das Rias Baixas temos o mellor Albariño, un dos mellores viños brancos do mundo. Mariscos exquisitos, manxares do mar e da terra, como a "tenreira galega".
En Vigo, atoparemos unhas praias de area fina, cunhas vistas extraordinarias cara ás Illas CÃes, un paraÃso natural. Baiona nos recibira, ca súa maxestuosa fortaleza, á cal chegaron noticias de América, por primeira vez na historia, xa que foi onde chegou unha das tres carabelas enviadas por Colón no descubrimento de América. A primeira que traia a mensaxe de terras novas, "A Pinta".
A Guarda, terra da lagosta, dende o seu monte de Santa Tecra, podemos observar o Océano Atlántico, a desembocadura do Rio Miño, fronteirizo con Portugal. Neste monte, atópase un dos maiores castros "Celtas" de Europa. O cal pódese visitar para gozo dos ollos dos visitantes.
Isto resume por encima o que un turista pódese atopar por estas terras, deixarémonos moitas cousas no camiño, como os Canóns do Sil, a bonita cidade de Ferrol, ou cabo Fisterre, onde na lexania dicÃa ser, o fin do mundo, ata que en 1492 se descubriu América. Sendas polos bosques encantados de "Meigas e Trasnos" e paseos en barco polas rias, fan destas terras un sitio con encanto.
