logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Galiza Historia
Indice do artigo
Historia de Galiza
Denominación
Símbolos Institucionais
Himno Galego
Cultura
Os Celtas
Lingua
Gastronomia
Unha Terra de Lenda
Todas as páxinas

 

Mapa_GalizaGaliza é unha nación establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de "Nacionalidade Histórica" segundo a constitución española e o seu Estatuto de Autonomía dentro do Reino de España. Está situada no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, con Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e, ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán. A consideración de Galiza como nación e unha procura constante dun maior grao de autogoberno, que é defendido por un número significativo de cidadáns. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galiza son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.

Galiza posúe uns 2,77 millóns de habitantes (2007), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte da franxa entre Ferrol e Vigo. Ten catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. A capital e Santiago de Compostela, cun estatuto especial, dentro da provincia de A Coruña.



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop