
Os Comenzos
| Indice do artigo |
|---|
| Campion Galego en 1923. Viaxes por España. |
| Copa de España 1924, fronte aos Leóns de San Mames. |
| Encontros internacionais 1923/24. |
| Todas as páxinas |
Â
Campion Galego en 1923. Viaxes por España.
Os pasos dados polo Celta ata aquel entón foran puramente amigables. Pero o 7 de outubro do ano en cuestión inÃciase o Campionato Galego. E o noso representante, proclamarÃase campión.
Inicia o torneo enfrontándose ao Unión Sporting de Vigo, no campo de Barreiro, en Lavadores. Dous tantos a cero, foi a primeira vitoria conseguida polos célticos, que na volta en Coia se imporian por un contundente 7-1. A este triunfo séguenlle outros contra, Eiriña (5-0 e 0-6) e Racing de Ferrol (7-0 en Vigo e 2-3 en Ferrol).
Caeran todos, ante a forza daquel novo conxunto, que albergaba, xustificadamente ademais unha infinidade de aspiracións. O último encontro deste torneó xogouno en Pontevedra fronte ao Eiriña. Foi aquela a primeira gran cita provincial de fútbol. ParÃs, Posada, Correa, Chicha, Polo e Clemente marcaron os goles.
Debido ás distintas suspensións que por moitos motivos operáronse no calendario da liga rexional, o Celta realizou viaxes a varias poboacións españolas, pra xogar encontros amigables contra distintos clubes. Será oportuno recordar que por mor da fusión, o novo clube vigués recibiu multitude de invitacións pra participar en encontros de carácter non oficial.
En Madrid o noso representante é derrotado pola marxe dun só gol. Con todo, polo seu gran xogo, din as crónicas daquel tempo, que o noso equipo mereceu a vitoria, excesivamente no encontro xogado fronte ao Madrid o dia 8 de novembro, que finalizou co resultado de 3-2, a favor dos representantes da capital de España. Jacobo Torres, polos seus moitos reparos ao xuÃz da contenda foi expulsado do campo.
En Barcelona xogou os dias 1 e 4 de novembro, perdendo ambos encontros, o primeiro por 3 a 0, e o segundo por un 5-3. En Valencia tamen estivo, os dias 2 e 3 de decembro, perdendo ambos encontros pola minima, 1-0 e 2-1. Por Asturias pasou na primaveira, do 10 e 17 de febreiro, gañando o primer encontro por un contundente 1-8, para logo perder o seguinte por 6-1. O 11 de maio devolveria a visita o Sporting de Xixon a Vigo, perdendo na cidade olivica os dous encontros, por 5-3 e 2-1.
Â
