logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia Europa Intertoto Historia Intertoto

 

Logo_IntertotoA Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol organizada pola Unión Europea de Asociacións de Fútbol para clubs europeos que non se clasificaron para algunha das principais competicións da UEFA (a Champións League e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA. A súa última edición tivo lugar no ano 2008.

Os equipos que se clasificaban para a Copa Intertoto, fano dende 2009, directamente á fase clasificatoria da UEFA Europa League.

A Copa Intertoto substituíu á Copa de Fútbol Internacional (IFC), que era unha competición organizada polas federacións de fútbol de Europa central co fin de proporcionar partidos para as súas escuadras durante os meses de verán, e esta existiu dende 1962 ata 1967; a partir dese ano cambiouse o formato.

A fase de grupos prevaleceu sobre as roldas eliminatorias que foron refugadas; así naceu unha competición sen trofeo.

En 1995 foi asumido pola UEFA e aberto aos clubs de toda Europa. A copa non tiña un único Campión; había un número determinado de finais, cuxos gañadores entraban na Copa da UEFA da seguinte tempada. Isto convertía á competición en atractiva para moitos clubs, que a vían como a súa única oportunidade de clasificarse para os torneos internacionais.

 

Formato

Trofeo_Intertoto_Celta_2Ata o ano 2005, a Copa Intertoto constaba de 3 roldas previas, semifinais e final. Nas 3 primeiras roldas ían ingresando os equipos de acordo coa posición na súa Liga, e ao país que representaban. Unha vez concluídas as 3 roldas, viñan as semifinais, disputadas por 12 equipos, e finalmente as tres finais, das que saían os 3 equipos que participaban na seguinte edición da Copa da UEFA.

O R.C.Celta de Vigo, foi un dos gañadores da edición 2000, sendo o primeiro equipo galego en conseguir un titulo europeo. Inda que de menor calado que a Europa League ou a Champions, pero un titulo ao fin e ao cabo.

Na tempada 2006, a Copa Intertoto cambiou de formato, reducíndose a tres roldas a dobre volta e aumentando a 11 o número de equipos que se proclamaban campións da Copa Intertoto e clasificábanse para a Copa da UEFA, aínda que empezando na segunda rolda previa.

A tódolos Campións da competición, ademais do acceso á Copa da UEFA tamén se lles entregaba o trofeo da Copa Intertoto.

O 30 de novembro do 2007, a UEFA no seu Comité Executivo decidiu prescindir da Copa Intertoto co cambio de formato de competición da Copa da UEFA, aplicable dende a tempada 2009/10. Deste xeito, no verán de 2008 disputouse a última edición da Copa Intertoto.

Comentarios  

Data
Mai 10, 2011
Escrito Por
Celtatoo
+1 Pequena ou de menor importancia, pero como ben decides, titulo europeo. Xa chegara algún dia onde voltaremos a ser grandes en Europa e conquistaremos a Champions. ;))

Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop