logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia Copa de España Historia Copa de España

 

Copa_Rei_2001O Campionato de España, actualmente coñecido como Copa do Rei ou simplemente a Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España.

Organízao a Real Federación Española de Fútbol, e foi creado en 1903 a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xenérica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo.

Foi a Copa de S.M. o Rei, entre 1903 e 1932, Copa do Presidente da II República entre 1932 e 1936, Trofeo de S.E. O Xeneralísimo en 1939, Copa de S.E. O Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e dende a tempada 1976/77 novamente Copa de S.M. o Rei.

Copa_Rei_AlfonsoXIIIEn 1902, con motivo da coroación de S. M. Alfonso XIII, íanse a celebrar en Madrid grandes festas, o que motivou a alguén a pensar que se podía incluír un programa de fútbol nos festexos, xa que por entón empezaba a xurdir a afección polo deporte inglés. Así as cousas, don Carlos Padrós, tras grandes traballos, conseguiu que os organizadores patrocinasen un torneo futbolístico.

Nel inscribíronse cinco equipos: Barcelona e Español, por, Cataluña, o Madrid e o News, pola capital de España, e un equipo integrado por xogadores do Bilbao e Atlétic, que se denominou "Vizcaya", polos bascos.

O torneo comezou o 13 de Maio, sendo as nove da mañá a hora en que deron comezo os partidos. Como campo de xogo designouse o Hipódromo, xa que os campos de fútbol de entón eran de dimensións moi reducidas. Ao público houbo que obrigalo, por medio de invitacións, a acudir ao campo, a pesar de que o prezo das cadeiras de dianteira eran tan so de 25 céntimos. Á final chegaron o Barcelona e o Vizcaya, vencendo os bascos por 2-1, a pesar de xogar tres encontros consecutivos, feito que lles fixo acusar o cansazo no partido da final.

Con este triunfo levaron a magnífica copa, así como o primeiro campionato de España, xa que máis adiante foi recoñecido este torneo como oficial.

Ao ano seguinte, 1903, en vista de que o Torneo da Coroación non saíra do todo mal, pensaron en organizar un torneo con carácter anual, poñéndose en xogo unha copa de prata, doada por S. M. o Rei, que había de ser gañada en tres anos consecutivos ou catro alternos. Naquel ano, tamén se modifican algunhas das normas de participación dos equipos, xa que se lexislou que sexa un so representante por rexión, para o que deberían de celebrar con antelación ao Campionato de España un torneo rexional. Con iso nacían os campionatos rexionais, que tanto interese adquiriran ao correr do tempo.

I_Trofeo_Copa_Xeneralisimo_1939Así, con alternativas diversas, séguense celebrando os Campionatos de España, ata os nosos días, en que xa non fai falta obrigar a ir á xente por medio de invitacións, pois nas finais do Campionato de España, abarrótanse os maiores estadios do estado español.

O R.C.Celta de Vigo disputou 3 finais, en 1948, 1994 e 2001. O seu proxenitor o Vigo F.C. tamén disputou outra en 1908. En todas sufriuse o amargo sabor da derrota.

É un torneo no que o Celta de Vigo, conseguiu chegar bastante lonxe en innumerables ocasións, disputando 9 semifinais e 3 finais. Este torneo débelle un titulo a Vigo.



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop