logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Inicio Benvidos
Indice do artigo
Benvidos á Web do Celtismo
Administrador
Agradecementos
Todas as páxinas

Download

HistoriadoCelta14 de marzo de 2011. Ola amigos, aquí estamos de novo, despois de medio ano de traballo, volvemos a abrir as portas da web máis completa sobre a historia do Celta de Vigo. Podedes entrar e "fochicar" haber que impresión vos levades. Tentamos crear unha web fácil de manexar e cun deseño sinxelo pero practico. Por agora está en galego, sendo o mais normal por ser a lingua da nosa terra, aínda que estamos a traballar nunha aplicación para que pódase ler en castelán e inglés. Pero paso a paso que Roma non se fixo en 2 días...

Como sabedes, a web era e seguirá sendo un referente mundial para calquera celtista onde poder consultar datos do noso club e mesmo dos seus antergos o Real Vigo Sporting e a Real Fortuna Football Club dende 1905. Nos teñen considerado unha das mellores e máis completas web sobre un equipo de fútbol. No estado español e en Europa, non coñecemos web algunha onde se facilite tanta información sobre un equipo en particular.

Novidades na web son, a Videoteca mais completa no mundo sobre a historia do Celta, e a Biblioteca onde poder ler os xornais da prensa deportiva dende 1923, ollo, por agora só temos completo o ano 1923, semanalmente tentaremos ir subindo os demais anos, xa que é un traballo bastante complexo de realizar.

O Museo, unha obra de arte celeste, a maior colección particular coñecida que existe está nesta web para goce de todos vós. Camisetas, Botas de futbolistas, Cromos, Banderines, Pins, Fotografías, etc. Unha serie de obxectos cun valor histórico e sentimental incalculable.

O Celta B non podía faltar, e a súa sección é a máis completa que existe en internet, nin a propia páxina oficial achega tantos datos sobre os nosos canteiráns, e sobre a historia do noso filial dende 1927.

As Peñas Celtistas poderán participar enviándonos a súa biografía á sección Siareiros, onde poderedes gozar cos cánticos, as viaxes e as imaxes que vós mesmos nos mandades dos vosos partidos vendo ao Celta.

A nosa cidade e a nosa terra merecen un recuncho onde deleitarnos coas súas paisaxes, a súa historia e as súas tradicións.

Amigos, aquí estamos, a pesar de quen lle pese, xa non nos poderán censurar, xa non poderán taparnos a boca, a web dos celtistas volve estar na rede para goce de todos vós. Compartídea cos vosos amigos, cos vosos contactos en Facebook, en Twitter, en calquera rede social, que nos coñezan os que aínda non sabían de nós e todos xuntos poderemos gozar deste espazo onde unirnos para compartir as nosas penas e as nosas alegrías a lado do equipo da nosa ialma, alado do mellor equipo do mundo, o noso Real Club Celta de Vigo.

E como dicía meu amigo Antón... amigos como non, coma sempre o de sempre, Halaaaaaaa Celtaaaaaaaaaaaaa!!!!




Comentarios  

Data
Mar 13, 2011
Escrito Por
Celtatoo
0 Mellor esta páxina que a anterior....
Bo traballo a todos!!!
Data
Mar 27, 2011
Escrito Por
herrbetico
0 Parabéns, interesante páxina!
Seguid con la mesma ilusión con la que habeis empezado
De corazón os deseo boa Sorte!!

Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop