

As portas da nosa casa ábrense para recibir ós visitantes que percorren a nosa terra, transmitÃndolles o orgullo de pertencer a un pobo de mitos, lendas e tradicións Celtas. A Taberna do Celta é un lugar único onde poder desfrutar da paixón e o agarimo polas cores do noso equipo de fútbol.
A Taberna do Celta, é un local de ambiente celtista, totalmente diferente a calquera outro local de hostalerÃa en Vigo. É un local temático, único na cidade, onde poder pasar unha tarde tomando unas cervexas cos amigos, e contemplando a colección privada mais importante da historia do Real Club Celta de Vigo.
No mesmo local facemos unha chiscadela á nosa cidade, con grandes murais con imaxes de finais do século XIX e principios do século XX, a través das cales todo aquel turista ou cidadán vigués, poderá gozar contemplando esas imaxes, ao mesmo tempo que se lles informa da situación que mantiñan en Vigo ou cal é o seu novo emprazamento cunhas guÃas informativas.
Tamén a cidade moderna e todos os seus puntos de interese podémola atopar no local, como principal referente turÃstico.
A páxina "http://historiadoceltadevigo.net" foi a faÃsca que prendeu toda esta idea, e que grazas as miles de visitas que recibe a páxina diariamente, foi un apoio moral para facela realidade.
Queremos que a Taberna sexa un punto de unión dos celtistas na cidade, onde poder lembrar a historia do noso clube ao mesmo tempo que se pode gozar cun bo caldo ou unha boa tapa, produtos da nosa gastronomÃa.
O local esta ambientado con música tradicional galega durante gran parte do dÃa, mentres nas súas pantallas pódense visualizar partidos ou documentais históricos sobre o Celta e tamén sobre a nosa cidade e a nosa terra.
A súa cociña tradicional galega, ofrece unha gran variedade de tapas, pasando polos produtos da horta, do mar, e dos pastos galegos, ata chegar a reposterÃa caseira onde os seus doces, non deixan indiferente a ninguén.
Podedes descansar nas súas terrazas, tanto a exterior como a que temos no interior do local (cuberta no inverno), nuns xardÃns que acompañan a tranquilidade e descanso, e onde poden xogar os nenos sen medo a que podan extraviarse.
Na época estival, o local queda aberto totalmente a rúa cas súas fiestras abatibles para o gozo dos seus clientes nun ambiente único de relaxación.
Temos 2 pantallas interiores de 60" e unha pantalla na terraza interior que principalmente temos instalada para os dÃas de partido, cando o tempo climatolóxico acompaña.
A Taberna tamén ofrece espectáculos como son os monólogos, os tupper-sex mixtos para homes e mulleres, festas populares de orixe celta como o SamaÃn ou o May-Day (con decoración temática), e xuntanzas celtistas acompañadas de gaiteiros e pandereteiras con música tradicional galega.
Todos os xoves a Taberna celebra o Xoves Anti-Crise, con prezos populares en bebidas e tapas dende 1€, para que os nosos clientes podan degustar as variedades da nosa cociña tradicional.
As noites da Taberna tamén son un reclamo para aquelas persoas que gusten dun local que o chegar a media noite, cambia o seu decorado, pasando da cervexerÃa-taperÃa da tarde, a un pub celtista con luz tenue e música actual pola noite ata as 02:00hs, onde pódense degustar os cócteis da casa e as copas a prezos populares, todos os xoves, venres e sábados.
Os dÃas de fútbol cando xoga o noso equipo, principalmente nos partidos de fora da casa, o local pasa a transformarse nunha bancada mais do Estado de BalaÃdos, creando un ambiente celtista inigualable na cidade, con centos de persoas unidas por una soa cor e alentando ao equipo como se dende o mesmo Estadio se tratara.
VisÃtanos e goza das tardes no fogar dos celtistas, un local no que serás sempre ben recibido e que compartiras cos teus amigos momentos inesquecibles.
Localización - Carta da Cociña - Imaxes - Facebook - GalerÃa de Fotos en Facebook - Videoteca - Twitter
Â

Comentarios
Data
Xan 20, 2012Escrito Por
MardebouzasData
Xan 20, 2012Escrito Por
MardebouzasData
Xan 21, 2012Escrito Por
juandavilaAdemás he visto las fotos de como cogiste la tabaerna al rpincipio y le has dado un cambio inimaginable a mejor, es todo fantástico, la decoración es maravillosa y volveré en cuanto pueda.
Mi más sincera enhorabuena, crack!
Data
Xan 22, 2012Escrito Por
celtiñasempreData
Xan 23, 2012Escrito Por
ialma / Admin-WebData
Xan 23, 2012Escrito Por
danivigo22Gracias
Data
Feb 05, 2012Escrito Por
SufridorCelesteData
Mar 08, 2012Escrito Por
juandavilaSuscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.