logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia Fusión Vigo - Fortuna
Indice do artigo
Os dous equipos, mais laureados de Galiza.
Real Vigo Sporting Club - Real Fortuna Foot-ball Club.
Todo por e para Vigo. Lema do movemento unitario.
Xestions e realidade da Fusión.
Designación de comisións, Ecos da Fusión e Traballos preliminares.
Constitución do Club Celta, regulamento e cores do equipo.
Primeira Xunta Directiva, A inscripcións de socios e o Cadro de xogadores.
Un vello preito, Novas listas de socios, Visita do Español de Barcelona, Chegada de equipos estranxeiros a Coia e Nomeamento de capitáns celticos.
Presentación do equipo e o seu Escudo. As desercións de Ramón Gonzalez, Otero, Chiarroni e Isidro.
Juan Baliño Ledo.
Handicap
Pepe Bar
Todas as páxinas

 

 

Primeira Xunta Directiva, A inscripcións de socios e o Cadro de xogadores.

A primeira Asemblea Xeral do Real Club Celta tivo lugar o 23 de agosto de 1923, e reuniuse nos locais da Federación Gremial de Patróns, ás dez da noite, elixíndose nela a seguinte Xunta Directiva:

Presidente: Excmo. Sr.Conde de Torre Cedeira.

Vicepresidentes: D.Manuel R.Cadaval e D.Manuel Otero Bárcena.

Directores: D.Alejandro Molías, D.Guillermo de Oya e D.Rafael Tapias.

Secretario: D.Gaspar Barreras.

Vicesecretario: D.Josefino López Valeiras.

Tesoureiro: D.José Lago.

Vogais: D.Francisco Curbera Tapias, D.Julio Curbera, D.José Bar, D.Yoaquin de Miguel, D.Fernando de Castro e D.Ventura Lago.

Manuel_Barcena_Conde_TorrecedeiraNesta reunión acordouse tamén constituír dous equipos, "vermello e azul", e efectuar a súa presentación ao público o máis axiña posible.Tamén se indicou a conveniencia do nomeamento dunha comisión, presidida por un dos directores, que se encargase de impulsar o atletismo, deporte básico para a formación física das futuras xeracións.

A presidencia anunciou que se facían xestións para, traer un adestrador estranxeiro. E aínda que os asembleístas oíron silenciosamente e, ao final, mostraron o seu entusiasmo polas declaracións do presidente da mesa de que o Celta contaba xa naqueles momentos con máis dun milleiro de asociados, o que constituía unha cifra xamais coñecida en ningunha sociedade deportiva viguesa, a verdade é que ese entusiasmo alcanzou proporcións xigantescas ao facerse público que ao redor das bandeiras do Celta, aínda orfas de mastros, agrupábase xa unha fulgurante lexión de xogadores, en número de 64, entre os que figuraban como de máis relevo os seguintes: Isidro, Lilo e Rubido (gardametas). Otero, Pasarín, Juanito Clemente, Daniel e Kaíto (defensas). Jacobo Torres, Balbino, Queralt, Hermida, Pombo, Cruces, Córdoba, Máximo e Bienvenido (medios). Reigosa, Chiarroni, Posada, Polo, Correa, Gerardito, Ramón González, Caride, Pinilla, Salvador, Chicha, Miguelito e Casal (dianteiros).

Broche espléndido desta xornada memorable para os destinos célticos, constituír sen dúbida, a noticia revelada polo presidente, de que chegaran á secretaría do Club máis de corenta cartas doutros tantos adestradores, ofrecéndose para asumir a dirección técnica do equipo. Este feito singular, totalmente inédito nos anais do fútbol nacional, só podía interpretarse como a auténtica expresión do que o Celta, comezaba a pesar no ambiente deportivo, e era nuncio venturoso das glorias que ía conquistar.

 



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop